O Consello de Goberno de hoxe, xoves, 26 de abril levará entre os seus puntos da orde do día o informe do anteproxecto de orzamento e Plano operativo anual 2012, nunha sesión que comezará na Reitoría ás 9:30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda. Os orzamentos da Universidade da Coruña non entrarán en vigor ata que sexan aprobados polo Consello Social.
Ás 13:00 horas o reitor, Xosé Luís Armesto, e a vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas, Amalia Blanco, explicarán en rolda de prensa na Sala de Prensa da Reitoría, os detalles dos orzamentos previstos para este ano. Como se recordará, a Universidade da Coruña estaba ata o de agora cos orzamentos prorrogados de 2011 logo do cambio no equipo reitoral e da súa toma de posesión a mediados do mes de xaneiro.
A sesión de mañá do Consello de Goberno tratará outros temas como os calendarios académicos para o próximo curso.
Fonte: udc.es