A Universidade da Coruña instala as primeiras prazas de recarga para vehículos eléctricos nos campus da Zapateira e Ferrol.
A Universidade da Coruña, en colaboración coa empresa Auteco Seguridad, acaba de poñer en marcha dúas prazas verdes, unha no campus da Zapateira e a outra no campus de Ferrol.
Estas prazas verdes son puntos de recarga para todo tipo de vehículos eléctricos e utilízanse enchufando o vehículo ao cargador como calquera equipo ou electrodoméstico. O tempo que tarda en cargarse depende do modelo do vehículo, pero oscila entre as tres e catro horas. Están instaladas no primeiro andar do aparcamento da Facultade de Ciencias e no aparcamento da Escola Universitaria Politécnica, en Serantes. As dúas prazas están pintadas de verde no chan e sinalizadas con carteis indicadores.
Fonte: udc.es