Oficina CEER
 14-06-2012
O GIS-T IDEGA COLABORA CO PROXECTO LOGIN_GALICIA PARA COÑECER A XESTIÓN DOS MONTES COMUNAIS

O Gis-t IDEGA anuncia a súa colaboración co proxecto Login_Galicia, proxecto que pretenden estudar mediante o formato de viaxe a xestión das comunidades rurais, facendo especial fincapé no relacionado cos montes veciñais en mán común.

Un Login_ é unha viaxe de duración variable deseñado para descubrir de forma activa e sensible unha realidade social lonxana, complexa ou estereotipada. Unha viaxe ao estilo Login_ está deseñado para acercar aos participantes a unha realidade lonxana, superar o estereotipo e “ler” a complexidade.

Para superar o estereotipo e ler a complexidade, tanto os visitantes como os anfitrións teñen que superar certas barreiras.

As barreiras que os visitantes deben superar adoitan ser:
• Os estereotipos, que estandarizan a percepción.
• O consumo cultural, que se move en circuito pechado e pouco comprometido, ofrecendo experiencias de cartón pedra, exóticas ou típicas deseñadas para visitantes de paso.
• A escaseza de tempo para indagar e deixarse levar ao chou na procura de encontros fortuitos.
• A dificultade de lexitimar o propio interés cando se trata dun acercamento gratuito e non instrumental, e polo tanto non ten unha finalidade previamente establecida.

Esta iniciativa xorde dende o Medialab Prado e conta cola colaboración de Login_Madrid, da asociación Consello de Maiores de Paderne e a Asociación Artesáns da innovación. A viaxe-xornada de traballo será durante a fin de semana do 22,23 e 24 de xuño e ten como obxectivos:

Contribuir a unir o coñecemento que existe en torno á cultura libre, o software libre e a xestión de bens comunais agroalimentarios.

Entre as cuestións que queremos respostar, atopanse ¿Son estos modelos de xestión comunais viables económicamente? ¿Facilitan a xeración de comunidade nestos territorios rurais? ¿é posible acercar o uso das TIC´s a estos territorios mediante unha linguaxe que lles resulte propio e non alleo? É posible, para a cultura do procomún, aprender destes modelos para aplicalos á xestión de bens culturais ou de outros bens comunais? E , recíprocamente, É posible aplicar no ámbito agrario o coñecemento adquirido na xestión comunal dos bens inmateriais?

A inscripción está aberta.

Existen 2 formas de participación:
A.-Participar en toda a viaxe, o custe situase en torno a 200€, inclue aloxamento, comidas e transporte durante a realización do Login_Galicia (asi como a viaxe desde Madrid).

B.- Participación na xornada do sábado, neste caso a persoa debe levar a súa propia comida, o prezo é de balde neste caso.

En ambos casos é necesario inscribirse. Se queres ter máis info podes comunicarte mediante o correo:
info@loginmadrid.net ou chamando ao 678211851.

Tamén podes visitar esta ligazón:
http://www.loginmadrid.net/2012/04/29/gestion-comunal-de-los-montes-en-galicia/

Fonte: http://www.gist.es