Oficina CEER
 17-07-2012
CONVOCADA A TERCEIRA EDICIÓN DOS PREMIOS Á INTRODUCIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA E NA INVESTIGACIÓN

O prazo para a presentación de propostas remata o 30 de setembro.

Coa finalidade de fomentar a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, a Oficina de Igualdade e Xénero da Universidade de Santiago convoca a terceira edición dos premios que recoñecen experiencias postas en marcha nos últimos anos.

A iniciativa contempla dúas modalidades de participación. Unha primeira para o profesorado con accións educativas innovadoras realizadas nos últimos tres anos relativas á inclusión da perspectiva de xénero na docencia na USC que supoñan algún tipo de práctica docente susceptible de ser ampliada e xeneralizada a outros contextos do ensino superior.

A segunda posible modalidade de participación resérvase para os equipos que levaran a cabo no mesmo período traballos en calquera ámbito do coñecemento que inclúan a perspectiva de xénero na formulación de hipóteses, deseño, metodoloxía e implementación da investigación, así como na publicación dos resultados obtidos.

Premiaranse ata un máximo de seis experiencias que o xurado considere de maior calidade. Deste xeito establécense tres premios por cada modalidade de entre 1.500 e 500 euros de contía. A admisión de orixinais rematará o 30 de setembro. Para acadar máis información sobre a convocatoria, as persoas interesadas poden consultar as bases do Premio na páxina web da Oficina de Igualdade de Xénero (http://www.usc.es/oix).

Fonte: xornal.usc.es

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Tarxeta invitacion Ulla
application/pdf: Tarxeta invitacion Umia
application/pdf: Presentacion e programa