Galicia é un país debuxado por rías que penetran ducias de quilómetros
no interior. Actualmente a maioría da poboación galega habita nas
áreas litorais e nas súas zonas de influencia. Galicia é
historicamente unha potencia pesqueira de nivel internacional e base
dunha das frotas extractivas máis importantes. Tamén conta cunha
actividade extractiva e de cultivo nas augas territoriais que
constitúen o alicerce dunha potente industria conserveira e de produto
fresco.
Froito da súa historia, Galicia ten ademais un patrimonio material e
inmaterial que reborda a vertente estritamente económica para
conformar unha cultura mariñeira que impregna toda a sociedade.
Así pois, a nosa dependencia do mar xera diálogos moi complexos que
precisan análises globais que nos permitan actuar do xeito máis
realista e racional posible.
Con este motivo celebrarase en Santiago de Compostela, nas instalacións da Fundación Sotelo Blanco, sitas na rúa San Marcos 77, a I Semana do Mar. Estes actos serán de acceso libre e conterán o seguinte programa de actividades:
PROGRMA:
Luns 22
12:00. Inauguración a cargo do director xeral de
Patrimonio Cultural, Don Felipe Arias Vilas, do
presidente da Fundación Alfonso Martín Escudero,
Don José Ra món Parada Vázquez e Don
Olegario Sotelo Blan co, presidente da Fundación
Sotelo Blan co.
12:30. Mares, barcos e xentes na literatura galega.
Conferencia inaugural a cargo de Francisco
Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica
da Universidade de Santiago de Compostela e
vicepresidente da Federación Galega pola Cultura
Marítima e Fluvial.
17:00. A pesca, sector industrial da economía gale
ga. Conferencia a cargo de María do Carmo
Gar cía Ne gro, profesora titular de Economía
Aplicada da Univ. de Santiago de Compostela.
19:00. Estratexias pesqueiras para o século XXI:
estado da cuestión. Conferencia a cargo de Fernan
do Gon zález Laxe, catedrático de Economía
Aplicada da Universidade da Coruña.
Martes 23
16:00. Proxección do documental Algas, dirixido
por Kike Porteiro e David González.
16.30. El sector transformador de productos del
mar y de la acuicultura: presente y futuro. Conferen
cia a cargo de Juan M. Vieites Baptista de
Sousa, secretario xeral da Asociación Nacional de
Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos
(ANFACO).
18:30. Proxección do documental Percebeiros,
dirixido por Paco Cuesta.
20:00. As Confrarías de Pescadores. A situación
organizativa do sector. Conferencia a cargo de
Xoán López Álvarez, técnico pesqueiro e secretario
xeral da Federación de Confrarías de Pescadores
de Galicia.
Mércores 24
16:00. Proxección do documental Batea afundida,
dirixido por Jorge Algora.
16:30. Evolución do sistema de pesca artesanal
no porto do Grove. 1960-2007. Conferencia a
cargo de José Luís González Escalante, biólogo
mariño e director do Museo Etnográfico da
Pesca e a Salga do Grove.
18:00. Desenvolvemento (non)sustentábel: unha
visión ecoloxista do mar e o litoral galego. Conferencia
a cargo de Manuel Soto Castiñeira,
profesor de Enxeñería Química da Universidade
da Coruña e ex presidente de Adega.
19:30. Dúas frustracións e un paradigma: ostra,
ameixa e mexillón. Conferencia a cargo de Uxío
Labarta, profesor de investigación do Consello
Superior de Investigacións Cientificas (CSIC).
Xoves 25
16:00. Proxección do documental As voces do
Pres tige, dirixido por Ángel Peláez.
17:00. Incidentes marítimos: institucions xurídicas
afectadas. Conferencia a cargo de Francisco
Peleteiro, avogado especializado en dereito marítimo,
secretario xeral da Asociación Española de
Em presas de Amarre de Buques e director do máster
de Administración Marítima da Universidade
da Coruña.
18:30. La acuicultura marina en Galicia: régimen
ju rídico, garantías de sostenibilidad y potencialidad
futura. Conferencia a cargo de Fernando
Ote ro Lou rido, experto en dereito ambiental,
xerente da Asociación de Produtores de
Rodaballo de Galicia (AROGA) e asesor xurídico
do Clúster da Acuicultura de Galicia.
20:00. O aproveitamento sostible do mar e as
súas ameazas, o caso galego. Conferencia a cargo
de Xabier Vázquez Pumariño, biólogo e consultor
ambiental vinculado ao movemento ecoloxista.
Venres 26
10:00. Proxección do documental Terra de
náufragos, dirixido por Jorge Algora.
11:00. Funcionalidade (e un pouco de historia)
das embarcacións tradicionais galegas. Conferencia
a cargo de Luís Rei, director da revista Ardentía.
12:00. O recoñecemento social da cultura maríti
ma. Asociativismo. Conferencia a cargo de Fernan
do Piñeiro, presidente da Federación Galega
pola Cultura Marítima e Fluvial.
13.00. Guimatur:marisqueo e ecoturismo. Conferencia
a cargo de María Xosé Cacabelos, mariscadora
e presidenta de Guimatur, asociación
cul tural que integra a mulleres mariscadoras do
Mar de Cambados.
16:30. Presente e futuro da construción naval en
Galicia. Conferencia a cargo de Dionisio Pereira
Gon zález. Historiador e etnógrafo.
18:00. Táboa Redonda: Mar e Lecer. Modera:
Fran cisco Fernández Rei. Participan: Dionisio Pereira
Gon zález, Fernando Piñeiro, Mª Xosé Cacabelos
e Luís Rei.