Oficina CEER
 22-11-2007
O Premio Nobel de Economía 1994, John Nash, ofreceu unha conferencia en Santiago de Compostela cunha masiva participación de público

Centos de persoas achegáronse este mércores ao Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia para asistir á charla de John Forbes Nash, Premio Nobel de Economía 1994, máis coñecido popularmente pola película Unha mente marabillosa (2002). Foi tal a expectación creada por ver a este xenio matemático que o aforo da sala quedou pequeno e moitas persoas non puideron escoitar a súa intervención sobre o diñeiro ideal e o diñeiro asintóticamente ideal, nun acto ao que asistiron o reitor e o alcalde compostelán, entre outras personalidades.

Previamente, o Premio Nobel fora recibido por Senén Barro Ameneiro no seu despacho de San Xerome, onde deixou a súa impronta no Libro de Firmas da Universidade de Santiago.