Convite
Oficina CEER
 09-01-2013
CONVITE AO WORKSHOP IBÉRICO "SISTEMAS DE INFORMACIÓN E A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL"

A protección e a xestión dos recursos naturais teñen, cada vez máis, un papel fundamental nas estratexias e proxectos de valorización territorial. Neste sentido, o proxecto BIODIV_GNP "Biodiversidade Vexetal Ameazada Galicia-Norte de Portugal: coñecer, xestionar e implicar" cun investimento de 654,684.57 €, cofinanciado por 491,013.43 € polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007 -2013 a través dos fondos FEDER da Unión Europea, ten como obxectivo cubrir a necesidade de recompilar, administrar e difundir información sobre a distribución e as principais necesidades de conservación da flora ameazada do noroeste peninsular.

Neste contexto, dende a Fundação Fernão Magalhães para o Desenvolvimento, en nome de todos os socios do consorcio do proxecto, convidámosvos a participar no Workshop Ibérico "Os Sistemas de Información e a protección e conservación da Biodiversidade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", que terá lugar o 19 de xaneiro de 2013 en Refóios do Lima, Ponte de Lima, a partir das 09:30.

O workshop é de asistencia gratuíta, non obstante, a inscrición dos participantes é obrigatoria a través do formulario dispoñible en WWW.BIODIVERSIDADE.EU