Oficina CEER
 27-11-2007
A Universidade da Coruña xunto con outras seis universidades europeas participa na creación do master conxunto Erasmus Mundus no estudo do Espectáculo Vivo

A colaboración académica de sete universidades europeas persegue propor a creación dun máster conxunto Erasmus Mundus no Estudo do Espectáculo Vivo. Este máster caracterizarase por agrupar aos mellores especialistas europeos no terreo contemplado (acercamento intercultural e pluridisciplinar ao teatro e outras prácticas espectaculares : danza, circo e artes de rúa).

Erasmus Mundus é o programa comunitario de cooperación e mobilidade na ensinanza superior que pretende promover a Unión Europea no mundo enteiro como centro de excelencia no terreo da educación e da formación, tendo como obxectivo mellorar a visibilidade e o atractivo da ensinanza superior europea en terceiros países. Apoia masteres europeos de alta calidade e outorga bolsas de estudios para os nacionais de terceiros países que cursan estes másteres, así como aos cidadáns da Unión que estudan en terceiros países.

As universidades que participan nesta iniciativa son a Libre de Bruxelas (coordinadora), de París 8 Vincennes Saint-Denis, de Niza Sophia Antipolis, Goethe de Frankfurt, de Sevilla, de Copenhague e da Coruña.

Para máis nformación e contacto:
http://www.ulb.ac.be/philo/arts-mundus
Email: ahelbo@ulb.ac.be