Oficina CEER
 21-01-2013
ÉXITO DE ASISTENCIA NO WORKSHOP IBÉRICO “SISTEMAS DE INFORMACIÓN E A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL”, NO QUE PARTICIPOU A FUNDACIÓN CEER

O pasado sábado, 19 de xaneiro, foi celebrado en Ponte de Lima o Workshop Ibérico “Sistemas de información e a protección e conservación da biodiversidade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, cunha asistencia superior ás 100 persoas o encontro superou as expectativas dos organizadores. Nunha xornada dun día, con ponencias de 20 minutos, os diferentes socios presentaron as ferramentas, obxectivos e primeiros resultados do proxecto: Monitorización de hábitats e da biodiversidade, xestión de información sobre especies, os sistemas de información no contexto do proxecto etc. e, como marco común, a cooperación e a investigación conxunta entre Galicia e o Norte de Portugal para acadar mellores estratexias de xestión das nosas zonas e especies ameazadas.

O PROXECTO BIODIV-GNP.
BIODIV-GNP, "Biodiversidade Vexetal Ameazada Galicia-Norte de Portugal: coñecer, xestionar e implicar" cun investimento de 654,684.57 €, cofinanciado por 491,013.43 € polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007 -2013 a través dos fondos FEDER da Unión Europea, ten como obxectivo cubrir a necesidade de recompilar, administrar e difundir información sobre a distribución e as principais necesidades de conservación da flora ameazada do noroeste peninsular. Xunto coa USC, no proxecto participan ademais a Universidade de Porto, a Fundación CEER, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e a Fundaçao Fernão Magalhães para o Desenvolvimento.

Foto: O Doutor Santiago Ortiz, da USC, beneficiaria principal do proxecto.