Oficina CEER
 25-01-2013
A ÁREA DE DEPORTES DA UDC INICIA AS ACTIVIDADES DO SEGUNDO CUADRIMESTRE

O próximo 1 de febreiro iniciarase o calendario de actividades da Área de Deportes da Universidade da Coruña correspondente ao segundo cuadrimestre do curso 2012-2013. As actividades desenvolveranse ata o 31 de maio e os interesados deberán ser abonados da Área de Deportes e ingresar a tarifa correspondente á actividade na que desexe participar. As actividades anuais terán un desconto do 50%.

As actividades das Escolas Deportivas con dispoñibilidade de prazas (indícase o prezo co desconto xa incluído) son as seguintes:

• Rugbi (mércores e venres de 19.30 a 21.30 horas no campo de herba natural do Estadio do Campus de Elviña). Gratuíta
• Tiro con Arco (luns ou xoves de 18.00 a 20.00 horas na Sala de Tiro do Estadio do Campus de Elviña). 17,50 €
• Taekwondo (martes e xoves de 20.00 a 21.30 horas no Tatami do Campus de Elviña). 17,50 €
• Pilates (luns e mércores de 10.30 a 11.30 horas ou martes e xoves de 17.00 a 18.00 horas no Tatami do Campus de Elviña). 27,50 €
• Tenis (na Pista de Tenis do Campus de Elviña). 35 €
o Nivel avanzado (luns e mércores de 13.00 a 14.00 horas) o Nivel avanzado (martes e xoves de 19.00 a 20.00 horas) o Nivel iniciación (luns e mércores de 15.00 a 16.00 horas) o Nivel iniciación (martes e xoves de 20.00 a 21.00 horas)
• Ioga (mércores de 19.30 a 21.30 horas no Ximnasio do Centro Universitario de Riazor). 30€
• Tenis de mesa (luns de 20.00 a 21.30 horas no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña). 17,50 €
• Iudo (martes e xoves de 18.30 a 20.00 horas no Tatami do Estadio do Campus de Elviña). 17,50 €
• Xadrez (mércores de 19.30 a 21.30 horas na Aula do Pavillón de Deportes do Campus de Elviña). Gratuíta
• Uni-Bike (spinning) (martes e xoves de 10.30 a 11.30 horas ou martes e xoves de 19.00 a 20.00 horas na Sala Multiusos do Campus de Elviña). 27,50 €
• Escalada (mércores de 18.30 a 20.00 horas ou mércores de 20.00 a 21.30 horas no Rocódromo do Pavillón de Deportes do Campus de Elviña). 45 €

Máis información e inscricións na páxina web de deportes www.udc.es/deportes ou nas oficinas da Área de Deportes (ext.1904).

Fonte: udc.es