Oficina CEER
 13-03-2013
AS NERDNITES VOLVEN AO CAFÉ CASINO, EN SANTIAGO

As NerdNites, encontros que xuntan ciencia con divertimento en espazos lúdicos urbanos, volven este xoves 14 ao Café Casino (Rúa do Vilar, 35). A cita, aberta a calquera persoa interesada e con grande éxito de público nas sesións anteriores, será ás 22.00 horas.

Nesta ocasión intervirán o profesor Miguel Taín Guzmán, do Departamento de Historia da Arte, coa charla ‘Compostela vista por un príncipe da Toscana: 1669’; o profesor de Historia da Música Javier Garbayo Montabes con ‘Orgasmos wagnerianos’; e a fundadora da consultora de desenvolvemento de competencias emprendedoras ADNideas, María Bobillo Varela, que rematará a sesión falando da súa “ primeira vez”.

Fonte: xornal.usc.es