Oficina CEER
 27-03-2013
O REITOR DA UDC ASINA UN CONVENIO PARA PROMOVER O "EMPRENDEMENTO" NO SECTOR TIC

Os alumnos da Facultade de Informática poderán facer realidade os seus proxectos de fin de carreira grazas ao acordo asinado esta mañá entre o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, e o representante da empresa Zarpamos, Manuel García.

A firma coruñesa Zarpamos é unha aceleradora de empresas relacionadas coas tecnoloxías da información e a comunicación que, vistos os proxectos de fin de carreira da Facultade de Informática de cada ano, valorará aquelas ideas con máis proxección para axudarlles a crear unha empresa. Segundo explicou Manuel García, “crear empresas e apoialas é o noso obxectivo” para o que teñen acordos con socios e inversores de dentro e fóra de España.

Ademais, o convenio permitirá que os alumnos dos últimos cursos do Grao en Enxeñaría Informática poidan facer prácticas nas empresas coas que colabora Zarpamos. Este convenio, resumiu o reitor, “permitirá fortalecer as relacións entre a Universidade da Coruña e Zarpamos para colaborar en proxectos de formación e emprendemento”.

Fonte: udc.es