Oficina CEER
 06-06-2013
O REITOR ANUNCIA A CREACIÓN DUN FONDO SOCIAL PARA ESTUDANTES DA UDC


Este Fondo Social de nova creación na Universidade da Coruña está dirixido aos estudantes e ten como obxectivo facilitar o acceso e a consecución dun título universitario nos campus da Coruña e Ferrol. Deste xeito, a Universidade da Coruña poñerá en marcha o vindeiro curso unha serie de medidas, económicas e académicas, para acadar este fin. Xunto co reitor, estará na rolda de prensa a vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez.

Fonte: udc.es