Oficina CEER
 18-06-2013
UN ESTUDANTE E INVESTIGADOR NOVO DA USC RECIBE A BOLSA BRONISLAW GEREMEK DO COLEXIO DE EUROPA

Samuel Perrino Martínez, estudante do Máster de Historia Contemporánea e investigador de posgrao no Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE), recibirá a prestixiosa bolsa internacional Bronislaw Geremek do Colexio de Europa. Seleccionado entre preto de 200 investigadores novos/as de diversos países, esta axuda permitiralle cursar o Master European Interdisciplinary Studies no Colexio de Europa na súa sé no Pazo de Natolin, Polonia.

O Colexio de Europa foi fundado en 1949 por inspiración do pensador galego Salvador de Madariaga que propuxo o establecemento dun instituto de estudos de posgrao onde os/as universitarios/as de diferentes países europeos puidesen estudar e vivir xuntos. É unha institución pioneira dedicada aos estudos europeos, visitada por oradores de primeira liña pública do eido internacional, entre os que cabe mencionar a políticos como Margaret Thacher e Francois Miterrand, Jacques Delors, Angela Merquel o Durao Barroso. Conta anualmente cuns 400 alumnos de máis de 50 países diferentes, que deben superar un moi estrito proceso de selección.

Durante a súa estadía no CEDE, Samuel Perrino iniciouse na procura de información e recursos de cara á realización do seu Traballo Fin de Máster, relacionado con temas de integración europea, baixo a codirección de dous titores un do Máster e outro do propio CEDE.

Fonte: xornal.usc.es