Oficina CEER
 21-06-2013
ANTIGOS ALUMNOS DE ARQUITECTURA REENCÓNTRANSE NA ESCOLA DESPOIS DE 20 ANOS

O director da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Fernando Agrasar, recibirá este sábado, 22 de xuño, ás 12:45 horas, un grupo duns sesenta antigos alumnos do centro que remataron os seus estudos na Universidade da Coruña hai vinte anos, entre eles o propio director e o subdirector, José Vázquez.

A xornada continuará, logo da recepción por parte do director, cun percorrido polas instalacións para ver os cambios da escola nestas dúas décadas. Neste acto, os antigos alumnos estarán acompañados por Andrés Fernández-Albalat Lois, en representación dos profesores. O reencontro rematará cun xantar de confraternidade.

Fonte: udc.es