Oficina CEER
 01-07-2013
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UDC E O COLEXIO DE BIÓLOGOS DE GALICIA

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, asinou esta mañá un convenio de colaboración co decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, José Pelayo, de forma que ambas entidades poidan colaborar conxuntamente a través da Facultade de Ciencias que imparte o Grao en Bioloxía.

Tanto o reitor como o decano destacaron que este convenio é a base para unha colaboración máis estreita entre a facultade e o colexio. “Estamos moi interesados na relación coa Universidade da Coruña non só a nivel formativo, senón que nestes momentos de cambio debemos actuar conxuntamente aunando criterios para dar máis forza á profesión”, manifestou José Pelayo.

Pola súa parte, Armesto celebrou a firma deste acordo que permitirá que os titulados en Bioloxía pola Universidade da Coruña poidan incorporarse ao seu exercicio profesional a través do Colexio. A Facultade de Ciencias será agora a responsable de poñer en práctica esta colaboración con accións específicas que pronto comezarán a desenvolverse.

Fonte: udc.es