Oficina CEER
 10-07-2013
LA ACTRIZ MABEL RIBERA CLAUSURA EL CURSO DE PENSAMIENTO EN FERROL

O curso de pensamento Carlos Gurméndez: “Concepción Arenal. Paixón pola liberdade e a xustiza” que se desenvolve no salón de actos do Campus de Ferrol entre hoxe e o venres, terá mañá dentro do seu programa unha ofrenda floral a Concepción Arenal (praza das Angustias), ás 12:30 horas.

A ofrenda floral, na que estará a directora do curso, a profesora da Facultade de Humanidades, María Antonia Pérez, o concelleiro de Cultura e Universidade e director do departamento de Humanidades, Manuel Reyes García-Hurtado, o presidente de Honra do Club de Prensa de Ferrol, entidade organizadora do curso xunto coa Universidade da Coruña, Germán Castro, a presidenta da Asociación Concepción Arenal, o director do Instituto Concepción Arenal e a representación da Asociación de Veciños de Esteiro.

O programa do curso, que pode verse na páxina web: http://www.clubdeprensadeferrol.com/sp/gurmendez/programa.php concluirá o venres pola tarde coa intervención do director do Instituto de Criminoloxía, José Luis de la Cuesta, que leva como título “A Xustiza e o Dereito nos delitos de corrupción”. A continuación, proxectarase a película “Concepción Arenal, la visitadora de cárceles” protagonizada, entre outras actrices por Mabel Ribera, que estará no debate que se abrirá a continuación e co que se pechará esta edición do curso.

Fonte: udc.es