Oficina CEER
 18-07-2013
UNHAS XORNADAS ANALIZAN AS CARACTERÍSTICAS DO TURISMO IDIOMÁTICO

As I Xornadas de Turismo Idiomático celébranse este xoves 18 na Facultade de Bioloxía organizadas polo Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC e por Cursos Internacionais da USC SL para dar a coñecer este segmento do turismo, como unha actividade de crecente demanda que reporta beneficios tanto culturais coma económicos. O acto inaugural, que comezará ás 16.30 horas, presidirao o vicerreitor de Relacións Exteriores e internacionalización da USC, Victor Millet, a quen está previsto que acompañe a directora da Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro.

A xornada comezará coa presentación realizada polo director do CETUR e investigador neste eido, Xosé Santos, e na que realizará unha perspectiva xeralista do que é o turismo e a súa situación en Galicia. Deseguido, o investigador da USC Valerià Paül proporá un achegamento conceptual ao turismo idiomático, mentres que Pilar Taboada de Zúñiga se referirá á potencialidade do turismo idiomático. Para rematar, a xerenta de Cursos Internacionais SL, Lanzada Calatayud, proporá unha análise do traballo desta sociedade, a súa actividade, expectativas de crecemento e impacto na cidade e na comunidade galega.

Fonte: xornal.usc.es