Oficina CEER
 26-07-2013
DOR E SOLIDARIEDADE NA UNIVERSIDADE

Dor na Universidade polo tráxico accidente do tren á entrada en Santiago. O reitor da USC, Juan Casares quere transmitir o profundo pesar e solidariedade da Comunidade Universitaria cos familiares e amigos das vítimas do accidente ferroviario. A Universidade de Santiago de Compostela puxo ao dispor dos afectados e dos seus familiares as Residencias Universitarias. Na pasada noite ocupáronse 28 habitacións da Residencia Burgo das Nacións. As bandeiras da institución académica permenecerán a media hasta.

Ademais, os membros da comunidade universitaria concentráronse o venres 26 na praza do Obradoiro e nos respectivos centros de traballo dos campus de Santiago e Lugo para gardar cinco minutos de silencio en sinal de respeto e condolencia polas vítimas do accidente ferroviario do pasado 24.

Fonte: xorna.usc.es