Oficina CEER
 26-07-2013
FONDO PESAR NA COMUNIDADE UNIVERSITARIA

A Universidade de Vigo, co seu reitor ao fronte, quere sumarse ao inmenso sentimento de dor e tristura que estes días vive a comunidade galega ante a traxedia ferroviaria acontecida en Santiago de Compostela. Unímonos á dor dos familiares das vítimas e, dende aquí, mandamos especial cariño e alento, ás familias e amigos de Celtia Uxía Cabido e Eva Pérez,que compartiron con nós a súa vida académica.

Fonte: duvi.uvigo.es