Oficina CEER
 30-08-2013
AS UNIVERSIDADES DE SANTIAGO E TECNOLÓXICA FEDERAL DO PARANÁ ESTREITAN LAZOS ACADÉMICOS

O reitor da USC recibiu ao seu homólogo da universidade brasileira.

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, recibiu esta mañá no seu despacho ao seu homólogo da Tecnolóxica Federal do Paraná (Brasil), Carlos Eduardo Cantarelli.

Na actualidade estase a traballar na integración académica de varias enxeñarías da universidade americana e do Campus de Lugo, algo que resulta das experiencias realizadas ao abeiro do programa Ciencias Sen Fronteiras.

Na visita participaron tamén o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización da USC, Víctor Millet, e os vicerreitores de titulacións e de relacións internacionais así como un profesor da universidade brasileira.

Fonte: xornal.usc.es