Oficina CEER
 09-09-2013
A USC CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DAS BOLSAS DE USC EN TRANSICIÓN

Contempla nove bolsas para colaboración en diversas actividades.

Cunha oferta de seis bolsas para o Campus de Santiago e tres para o de Lugo, o estudantado da USC pode inscribirse ata o día 27 de setembro na terceira edición das axudas de USC en Transición que organiza a Oficina de Desenvolvemento Sostible.

Con estas bolsas perséguese dinamizar a USC para promover modelos de vida máis sustentables que contribúan a reducir a pegada e a débeda ecolóxica da universidade, reforzando á súa vez o sentimento de comunidade.

O estudantado que desexe solicitar estas bolsas deberá presentar as instancias e a documentación necesaria nalgún dos rexistros xerais da USC, dentro dos prazos sinalados na convocatoria. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar a paxina web do Plan de Desenvolvemento Sostible.

Fonte: xornal.usc.es