Oficina CEER
 19-09-2013
A UDC E FREMAP PROMOVEN UN ÁMBITO LABORAL SAUDABLE

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, asinou un convenio de colaboración esta mañá co director rexional de FREMAP, Carlos Asterio Llanos, coa fin de promover un ámbito laboral saudable.

A mutua puxo en marcha recentemente un espazo virtual ao que están a sumarse todas as universidades españolas, a da Coruña é a primeira galega en unirse a esta iniciativa, que será un punto de encontro de boas prácticas para mellorar e promover a saúde dos traballadores universitarios.

O convenio asinado na Reitoría permitirá ademais desenvolver outras iniciativas encamiñadas a cumprir este propósito como a realización de seminarios, conferencias e congresos, ou o impulso de proxectos de I+D+i referidos á materia de prevención e saúde.

O director xeral de FREMAP destacou ao remate do acto de firma do convenio a importancia de que a Universidade da Coruña se adherise a este proxecto que se está a implantar en toda España. Pola súa parte, o reitor destacou a relevancia das accións dirixidas a mellorar a saúde laboral como esta que se pon en marcha a través deste convenio e doutras que se concretarán posteriormente.

Fonte: udc.es