Oficina CEER
 22-01-2014
A USC CONVOCARÁ CINCO PRAZAS DE INVESTIGACIÓN RAMÓN Y CAJAL CORRESPONDENTES A 2013

O Consello de Goberno da USC aprobou este mércores 22 en sesión extraordinaria as instrucións para a configuración da oferta de prazas de investigares e investigadoras Ramón y Cajal da Universidade compostelá correspondente á convocatoria 2013 ministerial. As propostas formais poderanas efectuar os grupos de investigación e investigadores individuais rexistrados dende antes do 31 de decembro de 2013. Poderán presentar soamente unha solicitude, sen que exista limitación en canto ao número de solicitudes procedentes dunha mesma área de coñecemento.

En total, a USC formalizará un máximo de cinco acordos de incorporación, das que catro serán en áreas con necesidade docente estrutural superior a 180 horas e unha en áreas sen esta necesidade e neste último caso sempre que exista compromiso de confianciamento do grupo ou investigador solicitante para o caso de que non haxa cofinanciamento externo. De non presentarse solicitudes para áreas sen necesidade, a incorporación poderá sumarase as outras catro.

Segundo a convocatoria aprobada polo Consello de Goberno, a USC formalizará un máximo dun acordo por área de coñecemento. Ademais, será condición indispensable que as propostas teñan a conformidade do Departamento correspondente, deben asumir de forma explícita o compromiso de aceptar ao candidato e integral no seu POD cun máximo de 80 horas anuais.

Dirixidas á Vicerreitoría de Investigación e Innovación, as propostas cumprimentaranse a través da aplicación telemática dispoñible na OIT Virtual (https://imaisd.usc.es/oitvirtual/). O documento que se xere neste proceso virtual deberá presentarse en formato impreso e asinado na OIT antes das 14 horas do día 3 de febreiro ben en formato PDF (dirixido á conta cittinfo@usc.es) ou en soporte papel no rexistro da OIT (edificio CACTUS) ou no rexistro do Campus de Lugo.

Fonte: xornal.usc.es