Oficina CEER
 31-01-2014
MEU PAI É UN NEANDERTAL... OU NON?, A FÍSICA DO DIVORCIO E O DEREITO NO PLANETA DOS SIMIOS (NERDNITE USC)

Meu pai é un neandertal... ou non?, a física do divorcio e o dereito no planeta dos simios son as reflexións nas que o vindeiro martes 4 de febreiro se mergullarán quen acuda a unha nova sesión das NerdNite. O encontro comezará ás 20.00 horas na Nave de Vidán.

Para desenvolver estes temas, participarán o catedrático de Prehistoria Ramón Fábregas; o vicerreitor de Investigación e Doutoramento da Universidade Andrés Bello (Chile), Andrés Gomberoff; e a profesora de Dereito Civil da USC Belén Trigo.

Nerd

Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares. Nas Nerd Nites charlan co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico. Orixinalmente, as NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, por primeira vez en España.

Fonte: xornal.usc.es