Oficina CEER
 18-03-2014
XIV CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA USC

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela Uniemprende, convoca o XIV Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC, poñendo a disposición de todas as persoas interesadas formación gratuita para elaborar o plan de empresa durante o próximo mes de abril.

O obxecto do concurso, é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.
O prazo de presentación comeza o 14 de marzo e remata o 30 de abril de 2014.

Os premios que se outorgarán, ao igual que na edición pasada, serán os seguintes:

BASE TECNOLÓXICA: 2.000 euros + ata 24.000 € de financiamento mediante préstamo participativo
EMPRESA XOVE: 2.000 euros
MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros
A preinscrición farase de forma telemática cumprimentando o formulario dispoñible nesta páxina: http://www.uniemprende.es/xiv-concurso-de-proxectos-empresariais-innovadores-da-usc