Oficina CEER
 12-05-2014
O CENTRO DE LINGUAS MODERNAS OFERTA VINTE E CINCO CURSOS INTENSIVOS DE VERÁN EN DEZASEIS IDIOMAS DIFERENTES

Os cursos desenvolveranse en Lugo e Santiago no mes de xullo.

O Centro de Linguas Modernas da USC oferta para o período estival vinte e cinco cursos de dezaseis linguas diferentes que se desenvolverán nos campus de Lugo e Santiago. O reitor Juan Casares e a directora do CLM, Katerina Vlasakova, presentarán a programación este luns 12, ás 12.00 horas, na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome.

Entre a oferta atópanse cursos de iniciación, de especialización académica, doutras linguas oficiais ou español como lingua estranxeira, entre outros. O ano pasado participaron desta convocatoria 300 persoas que amosaron un elevado grado de satisfacción cos resultados acadados.

Fonte: xornal.usc.es