Oficina CEER
 23-05-2014
XORNADAS SOBRE TRASTORNOS DA LINGUAXE ORAL E ESCRITA

O salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación acollerá o vindeiro 29 de maio, xoves, as IX Xornadas sobre Trastornos da Linguaxe Oral e Escrita, organizada polo Grupo de Investigación de Trastornos da Linguaxe Oral e Escrita (TLOE) da Universidade da Coruña.

Abrirá o programa unha conferencia de Dolors Ribas Serrat, logopeda da Universidade Pontificia de Salamanca, sobre o modelo de avaliación e diagnóstico da linguaxe e da fala nos nenos.

Os restantes tres puntos do programa desevolveránse polo serán. Marisol Caamaño Suárez, logopeda do Centro Sinapse, falará sobre as alteracións no desenvolvemento da linguaxe. Deseguido está prevista unha mesa redonda, moderada por Pilar Vieiro, para debater sobre a atención multidisciplinar e os trastornos da linguaxe infantil. Intervirán Esther Fernández Rego, Ramón Álvarez Veiras, Marisol Caamaño e a médico-foniatra Teresa García Real.

Dolors Ribas dirixirá, a partir das cinco e media da tarde, o obradoiro de materiais específicos para a avaliación e o tratamento da linguaxe infantil.

Fonte: udc.es