Oficina CEER
 30-01-2008
Xornada sobre Xestión do Fondo Tecnolóxico e Fomento da Innovación

O Programa Operativo “I+D+i por e para o beneficio das Empresas – Fondo Tecnolóxico” ten como obxectivo xestionar os 2.000 millóns de euros adicionais asignados ao Estado español para actividades de I+D+i dentro dos Fondos FEDER. Na distribución entre autonomías deste Fondo, Galicia recibirá máis de 405 millóns de euros. Os proxectos que xurdan das Plataformas Tecnolóxica Galegas, e nos que están chamados a participar pequenas e grandes empresas, centros públicos de investigación, universidades e centros tecnolóxicos, son os que baixo o principio de excelencia competirán por este Fondo Tecnolóxico.

O Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), dependente do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e un dos organismos que maior dotación deste fondo vai xestionar, estableceu de acordo co goberno galego dous instrumentos específicos para a súa xestión: os Proxectos Integrados e os Proxectos de Apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras.

O obxectivo desta xornada é a presentación aos axentes do sistema galego de I+D+i do Fondo Tecnolóxico e dos instrumentos a través dos que poderán optar a el, así como os termos da colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e CDTI para o fomento da innovación empresarial (a través de accións como o cofinanciamento de propostas de I+D+i).

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Programa da actividade