Oficina CEER
 03-06-2014
PRESENTACIÓN DO FESTIVAL IKFEM NA UNIVERSIDADE DE VIGO

No mes de xullo de 2014, a segunda edición de IKFEM - International Keyboard Festival & Masterclass Eurocity Tui - Valença unirá de novo as cidades de Tui (España) e Valença do Minho (Portugal) nun atractivo calendario de eventos musicais e educativos. Durante nove días, do 18 ao 26 de xullo, IKFEM ofrecerá ao propio público a posibilidade de construir un recorrido histórico cun programa de máster classes, worshops e concertos que consigue satisfacer as esixencias dos máis expertos e a curiosidade de todos. Da música barroca á clásica, da romántica á contemporánea, do jazz á electrónica, cun tema en común que é o piano.

Queres saber como podes apuntarte as clases ou colaborar no festival?

Mañá, mércores 4 de xuño, terá lugar a presentación do Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEM no Edificio Miralles da Universidade de Vigo. Será ás 12h a cargo de Andrea González, Directora do Festival e Esteban Alonso, Responsable de Organización e Dirección.

Info: http://www.ikfem.com/