Oficina CEER
 04-06-2014
UNIVERSIDADES DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL UNIDAS POLA MÚSICA DO IKFEM

O Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEM logrou unir ás 6 universidades máis influentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en apoio á promoción da música e a cultura.

O Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, que inclúe as Universidades de A Coruña, Santiago, Vigo, Oporto, Universidade do Miño e a Universidade Trás-os-Montes e Alto Douro, sumouse á iniciativa do culto aos instrumentos de tecla e ao seu acercamento ao público coa promoción e apoio ao festival que se celebrará na Eurociudade Tui-Valença o próximo mes de xullo. O Centro que integra ás 6 universidades da Eurorrexión nace co fin de reforzar ás vinculacións entre as universidades de Galicia e o Norte de Portugal con carácter plural, integrador, dinamizador e innovador no campo de estudio, análisis e desenvolvemento da zona.

Algúns dos obxectivos perseguidos pola fundación son a promoción de seminarios, debates e congresos, así como a formación de especialistas e especialización de profesionais, polo que a filosofía do IKFEM en canto á formación de profesionais no mundo dos instrumentos de tecla así como a divulgación ao público xeral desta disciplina artística, cumpre coas finalidades das institucións universitarias de apoio a iniciativas culturales que beneficien á sociedade. Hoxe ás 12h terá lugar a presentación do festival na Universidade de Vigo, da cal algúns dos seus alumnos formarán parte doequipo de voluntarios desta segunda edición, que o ano pasado atraeu tamén a alumnos de Bélxica, Italia e Xapón.

Nunha aposta clara polo acercamento da cultura musical á sociedade, IKFEM celebra así o seu segundo ano con Masterclasses, profesionais de alto nivel do mundo dos instrumentos de tecla e un programa ampliado con actividades dirixidas a todos os públicos, nas todo o que estea interesado poderá participar e coñecer de primeira man o mundo musical nun ambiente internacional ás dúas beiras do río Miño coa Eurociudade Tui-Valença como escenario.

Info: www.ikfem.com