Oficina CEER
 09-06-2014
O CATEDRÁTICO DE MATEMÁTICA APLICADA JUAN VIAÑO REY TOMA POSESIÓN ESTE LUNS COMO REITOR DA USC

O catedrático de Matemática Aplicada Juan Viaño Rey tomará posesión como reitor da Universidade de Santiago de Compostela este luns 9 nun acto protocolario que presidirá o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a partir das 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. A sesión poderase seguir a través do enlace web http://tv.usc.es/directo.html.

Comezando co discurso que pronunciará o profesor Juan Casares Long, a sesión continuará co xuramento ou promesa por parte de Juan Viaño como novo reitor que tomará a palabra para pronunciar o seu discurso de toma de posesión. O nomeamento como secretaria xeral da profesora Consuelo Ferreiro Regueiro dará paso á lectura da resolución reitoral pola que determina o número e a denominación das novas vicerreitorías e a toma de posesión como vicerreitores e vicerreitoras. Pechará a sesión a intervención do presidente da Xunta de Galicia.

Fonte: xornal.usc.es