Oficina CEER
 31-01-2008
Xornada "Oportunidades para as PEMEs en Europa"

A OPIDi está a organizar a Xornada "Oportunidades para as PEMEs en Europa", que terá lugar o vindeiro 11 de Febreiro no CIS D&T (Ferrol), con motivo da 1ª convocatoria de 2008 de “Investigación en beneficio das PEMEs” do FP7 e da convocatoria de Eco-innovación prevista para este ano dentro do Programa Cadro para a Competitividade e a Innovación (CIP).

O evento contará coa participación dos funcionarios da Comisión Europea, Fernando Trabada, Xefe da Unidade T4 – PEMEs da Dirección Xeral de Investigación da CE, e Beatriz Yordi, Xefa da Unidade de Ecoinnovación da Axencia Executiva para a Competitividade e a Innovación (EACI), que falarán dos programas específicos para PEMEs encadrados dentro do FP7 e do CIP. Tamén se realizarán intervencións por parte do Punto Nacional de Contacto do Programa People e de expertos no sistema galego de I+D+i.

Asimesmo, pola mañá ofrecerase a posibilidade de concertar unha entrevista para a revisión de propostas con Fernando Trabada. As PEMES interesadas terán que enviar un resumo da mesma (1 folla máx.), antes do xoves, 7 de febreiro de 2008.

Podedes ampliar información sobre o programa “Investigación en beneficio das PEMEs” no folleto adxunto e sobre a convocatoria actual en:
http://cordis.europa.eu/fp7/dc/index.cfm?fuseaction=UserSite.CapacitiesDetailsCallPage&call_id=105