Oficina CEER
 11-06-2014
CONVIDÁMOSTE AO CURSO DE VERÁN DA USC SOBRE INCLUSIÓN SOCIAL E CAMBIO DEMOGRÁFICO

Imos tratar de analizar e comprender o declive demográfico de Galicia dende unha perspectiva académica pero tamén social e política. Inclúense talleres prácticos para a formulación de proxectos de innovación neste tema a convocatorias da Unión Europea. Amais teremos duas xornadas de dous días de traballo de campo en Ourense e na Costa da Morte.

Obxectivos:

Aprender a analizar a relación entre o cambio demográfico e os procesos de inclusión/exclusión social.

Comprender os procesos do cambio demográfico e as súas consecuencias nas áreas rurais como un risco e una oportunidade de emprego xuvenil.

Capacitar tecnicamente na captación de fondos europeos no marco da Estratexia Europa 2020 de crecemento intelixente, sustentable e inclusivo, co cambio demográfico como eixo transversal, mediante a análise de proxectos reais: DART (INTERRG-IV-C) e Proxecto Symbios (Eixo 4- P.O. FSE Galicia 2007-2013)

Promover a conexión en redes de actores institucionais e/ou empresariais do terceiro sector con interese na inclusión social e territorial.

Datas: do 14 a 18 de xullo

Lugar: Aula Seminario Instituto Universitario de Estudios de Desenvolvemento de Galicia IDEGA

Nº de horas lectivas: 30

Directores: Carlos Ferrás Sexto e Daniel López Muñoz

Secretaría: Mariña Pose, Yolanda García e Ledicia Suárez

Este curso conta con apoio económico e/ou loxístico do Proxecto Europeo Symbios Eixo 4-P.O. F.S.E. Galicia 2007-2013 e da Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar ADAF-Granxafamiliar.com.



Máis información en gist-formacion@usc.es. Teléfono 881814440/ 881812704

Podes ver o programa, matricularte online e obter máis información aquí: http://www.gist.es/public/index.php?pid=novas&nova=178&pag=1&otras_pag=1