Oficina CEER
 30-06-2014
A AULA DE TEATRO DA USC, ESCOLLIDA ENTRE CINCUENTA CANDIDATURAS DE TODO O MUNDO PARA O PROGRAMA DE EXHIBICIÓN DO X CONGRESO MUNDIAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

A Aula de Teatro da USC foi escollida entre máis de cincuenta candidaturas de todo o mundo para participar no programa de exhibición teatral que se celebrará en Bélxica no marco do X Congreso Mundial de Teatro Universitario entre os días 30 de xuño e 4 de xullo. O grupo universitario porá en escena a súa última produción "Apnea (variación 2ª)".

Esta peza recibiu recentemente o premio do público da Mostra Internacional de Ourense e o recoñecemento á mellor interpretación, concedido á totalidade do reparto, no Festival Internacional de Lituania. Estes dous recoñecementos súmanse ao outorgado polo xurado do XVIII Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal) o pasado mes de abril cando lle concedeu á formación da USC un premio á mellor interpretación novamente ao conxunto de actrices e actores de "Apnea (2ª variación)". A proposta da compañía teatral da USC pon en escena unha visión crítica da Galicia actual a partir dun texto orixinal do propio director da compañía, Roberto Salgueiro.

Fonte: xornal.usc.es