Oficina CEER
 10-07-2014
RESOLUCIÓN DO 23 DE XUÑO DE 2014 POLA QUE SE ABRE A 1ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS.

O programa “IACOBUS” é un Programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica que xorde coa intención de dar un paso mais cara a configurar un auténtico espazo de integración interrexional entre as Universidades e outras institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. O IACOBUS, é unha acción que provén das prioridades definidas no PIC - Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión, sendo impulsado pola Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, e conta co apoio da Unión Europea, quen contribúe ao seu financiamento a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP). Ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal para a posta en común de actividades formativas, investigadoras e divulgativas. Como base para o desenvolvemento e implementación do devandito programa IACOBUS, establecéronse os Principios Xerais para a Xestión do devandito Programa, que complementan a presente convocatoria e que se anexan ao final.

(Resolución e anexos en pdf)

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Resolución en galego
application/pdf: Resolução em português
application/msword: Anexo galego
application/msword: Anexo português