Oficina CEER
 23-07-2014
LA UDC, EN EL GRUPO DE PIONEROS EN EL DOMINIO .GAL

A Universidade da Coruña terá a súa presenza virtual co dominio .gal en poucos días, segundo confirmou a Asociación PuntoGal que vén de facer a concesión dos primeiros dominios con esta extensión.

Deste xeito, antes de final deste mes a páxina web da Universidade da Coruña mudará ao novo dominio, pasando de ser www.udc.es a www.udc.gal. Ademais, a extensión dos correos electrónicos efectuarán tamén a migración ao novo dominio no mes de setembro. O dominio udc.gal forma parte da fase de Pioneiros da Asociación PuntoGal.

A Universidade da Coruña vén promovendo o uso do galego nas redes sociais, tanto en contidos como nas denominacións das súas páxinas, como confirman as de Facebook: https://www.facebook.com/udc.gal Twitter: https://twitter.com/UDC_gal e Instagram: http://instagram.com/udc_gal

Fonte: udc.es