Oficina CEER
 14-10-2014
DÍAS DE PORTAS ABERTAS NO MUSEO DE HISTORIA NATURAL DA USC

Este mércores 15 e o xoves 16 o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago celebrará dúas xornadas de portas abertas, de maneira que os espazos do edificio emprazado no Parque de Vista Alegre se poderán visitar con entrada libre en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

O novo edificio que acolle a colección do Museo de Historia Natural da USC abrirá oficialmente as súas portas ao público interesado o martes 21. O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela é un centro con fortes potencialidades educativas e sociais, pois ademais das súas tarefas de investigación e educación formal, centra o seu futuro na divulgación científica. A exposición presentada na súa nova sede é unha oportunidade de achegarse a pezas recompiladas dende mediados do século XIX, maioritariamente con achegas de profesores da Universidade de Santiago de Compostela, de científicos e naturalistas, así como de particulares e institucións.

Fonte: xornal.usc.es