Oficina CEER
 27-10-2014
A FRONTEIRA ENTRE ESPAÑA E PORTUGAL FAI 150 ANOS

A fronteira física entre España e Portugal fai 150 anos. Para conmemorar a sinatura do tratado de Lisboa, Tui acolleu unhas xornadas nas que os expertos analizan os retos da cooperación transfronteiriza. Nós lembramos cos veciños das dúas beiras do Miño como cambiou a relación destes territorios.

Das antigas colas para cruzar esta ponte internacional entre Valença e Tui e pasar a aduana xa só queda o recordo. A fronteira mudou o seu significado. Sobre estes aspectos debaten nunhas xornadas que celebran o 150 aniversario do tratado de Lisboa, que definiu os límites entre España e Portugal.

"Esa pimeira fronteira foise delimitando con marcos ata principios do século XX. Despois foi unha fronteira pechada, durante o franquismo e o estado novo. Só permitía o florecemento do contrabando. Dende os anos 80, é un espazo de cooperación como demostra a eurocidade", sinala Rubén Lois González.

"Agora é unha maravilla. Pasas e ninguén pregunta. Antes, había unha burocracia tremenda" "Antigamente eran precisos salvoconductos. Agora, pásase de calquera maneira", apuntan os veciños dos dous lados da raia.

A eurocidade Tui-Valença camiña na cooperación entre territorios, malia que aínda resulta algo abstracta para moitos cidadáns. "Fanse actividade entre os dous municipios. A veces en Tui, a veces en Valença", "Hai moitos nenos que van facer actividades alá", "Sei que hai programas conxuntos de música", comentan algúns veciños.

A eurocidade Tui-Valença acolle uns 35.000 habitantes nos arredores dunha fronteira que cada día cruzan uns 22.000 vehículos.

Entrevista a Rubén Lois, Director da Fundación CEER en: http://www.crtvg.es/informativos/a-fronteira-entre-espana-e-portugal-fai-150-anos-915507