Oficina CEER
 05-11-2014
ENTRÉGANSE ESTE XOVES OS PREMIOS Á INTRODUCIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA E NA INVESTIGACIÓN

Os Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación entregaranse este xoves 6 nunha cerimonia que presidirá ás 13.30 horas no Salón de Graos de San Xerome o reitor da USC, Juan Viaño. Intervirán ademais a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Sopcial, Dolores Álvarez; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e a coordinadora da Oficina de Igualdade da USC, Eva Aguayo.

A iniciativa responde ao II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC e contempla dúas modalidades de participación dirixidas a membros e equipos do PDI da USC. Unha primeira para as accións innovadoras con inclusión da perspectiva de xénero na docencia na USC e outra que valora os traballos de investigación en calquera ámbito do coñecemento.

Entregaranse seis premios – tres por cada modalidade de entre 1.000 e 500 euros– ás experiencias que o xurado considerou de maior calidade.

Fonte: xornal.usc.es