Oficina CEER
 10-11-2014
O ARQUEÓLOGO CELSO RODRÍGUEZ CAO DISERTA ESTE MARTES 11 EN HUMANIDADES SOBRE O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO URBANO

O arqueólogo e director da escavación da Domus do Mitreo, Celso Rodríguez Cao, ofrecerá este martes, a partir das 18.00 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, o relatorio "O patrimonio arqueolóxico urbano: investigación e musealización. O exemplo da Domus do Mitreo".

Nesta sesión, incluída entre as actividades formativas programadas no marco do Máster en Servizos Culturais da USC, Rodríguez Cao analizará as principais problemáticas que supoñen as escavacións que se desenvolven en espazos urbanos, as particularidades da súa musealización e conservación, ademais das múltiples posibilidades que ofrece a investigación.

O relatorio, orientado aos estudantes do Máster en Servizos Culturais da USC, está aberto tamén á participación de todo o público interesado. A entrada ao acto é libre e de balde.

Fonte: xornal.usc.es