Oficina CEER
 28-11-2014
RESULTADOS DOS XVIII XOGOS GALAICO DURIENSES

Vila Real recibiu nos dias 25 e 26 de novembro a 28ª ediçión dos Xogos Galaico Durienses,organizados este ano pola Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), co apoio da Fundación CEER, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial e os gobernos portugués e galego.

Os Xogos Galaico-Durienses son unha competición deportiva destinada a alumnos, docentes e funcionarios de seis Universidades do Norte de Portugal e de Galicia, entre elas, a Universidade do Minho, a Universidade do Porto, a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, a Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña.

Este ano, en Vila Real, realizáronse probas mixtas colectivas de balonmán e voleibol e a individual de natación.

O Comité Organizador desta competición, que se realiza dende 1993, está composto por representantes de cada universidade, do Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), da Agrupación Europea de Cooperación Territorial – Galicia e Norte de Portugal (AECT-GNP) e da Câmara Municipal de Vila Real.

Dende o seu inicio, os Xogos Galaico-Durienses xa implicaron a preto de 8 mil participantes, entre eles estudantes, docentes e funcionarios, nunha actividade que expresa os lazos de cooperación e convivencia entre as seis Universidades, con vistas tamén a mellorar o coñecemento sobre a organización deportiva das institucións envolvidas e a trocar boas prácticas e experiencias.

No pdf adxunto pódese acceder ás clasificacións das diferentes modalides.

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Resultados