Oficina CEER
 08-01-2015
Herm3TICa. CÁMARAS, SENSORES E TELEPRESENCIA

Presentámoste este proxecto de innovación, desenvolvemento e investigación en Artes escénicas e Visuais através das novas tecnoloxías (TIC’s) para a súa difusión e promoción, o achegamento a novos públicos, a retransmisión alén das nosas fronteiras e a mellora de ferramentas tecnolóxicas destinadas a profesionalizar o sector. Reformulamos o concepto “hermética” da tradición através das TIC nun espazo no que o pechado fisicamente convértese en aberto mediante cámaras e sensores, a súa interactividade e a posibilidade de telepresencia. Xérase así un espazo de “lectura” que, incluso nas correntes actuais de pensamento, vencéllase á “hermenéutica”, mais saíndo do escollo do “suxeito pensante”; a súa relatividade, a cuestión de quén é o que interpreta; pasando a situarnos nunha cuestión que comeza a ser social, epocal e colectiva: os dispositivos tecnolóxicos, o espazo “videovixiado” e as conexiones telemáticas.

herm3TICa é un proxecto de I+D+i que desenvolve Alg-a Laboratório coa colaboración de Fundación CEER e xunto a entidades e artistas afíns no marco das Axudas para a acción e promoción cultural do Ministerio de Cultura. Até marzo de 2015 iremos realizando as seguintes actividades:

• Residencias de investigación
• Workshops y Masterclass
• Emisiones en directo e interactivas
• Seminario con conferencias y presentaciones
• Publicación de un texto con material interactivo

se estás interesad@ nalgunha delas, ponte en contacto con nós en info@herm3tica.tv. Tamén nos podes seguir en redes sociais mediante o hastag #herm3TICa.

Fonte: http://herm3tica.tv

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Tríptico