Oficina CEER
 14-01-2015
PRESENTACIÓN DA SEDE ELECTRÓNICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, Julio Abalde, presentará mañá, en rolda de prensa, na Sala de Prensa da Reitoría, ás 11:00 horas, a sede electrónica da Universidade da Coruña. Xunto ao vicerreitor estará o adxunto para Novas Tecnoloxías, Víctor Carneiro, e o coordinador da área de Rede e Comunicacións do Servizo de Informática e Comunicacións, Javier Fariñas. A implantación da sede electrónica constitúe un fito no avance da administración dixital que permitirá un mellor acceso da comunidade universitaria e da cidadanía en xeral á Universidade, así como un aforro de custos e a diminución do impacto medioambiental.

Fonte: udc.es