Oficina CEER
 15-01-2015
O MENÚ DAS AULAS DE GASTRONOMÍA PEDAGÓXICA INICIA O ANO CON ARROZ, COCIÑA DE MAR E CATA DE VIÑOS

A Universidade de Santiago inicia o ano con novos cursos das súas aulas de gastronomía pedagóxica, abertas a membros da comunidade universitaria pero tamén ao público xeral, que se celebran no Colexio de Fonseca. Entre o profesorado, os cociñeiros Daniel Pulzoni e Jorge Carou e a sumiller Mercedes González.

Así, o de cociña con arroz desenvolverase do 2 ao 23 de febreiro en catro clases de 2 horas, mentres que o de cociña de mar será entre o 2 e o 23 de marzo con catro sesións de 2 horas nas que haberá peixes e algas. Xa o de cata de viños, a cargo de Mercedes González, terá lugar en doce clases do 4 de marzo ao 27 de maio.

Ademais, é posible inscribirse nos cursos continuos de cociña (niveis 1 e 2) que se corresponden cun coñecemento básico ou avanzado das técnicas de cociñado, respectivamente, e que se imparten durante unha hora e media semanal nas tardes dos martes. Estes desenvólvense ata o 26 de marzo, con clases de hora e media.

Para conseguir toda a información e formalizar a matrícula, as persoas interesadas deben dirixirse á Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua, no Colexio de San Xerome, ou chamar aos teléfonos 88181018 e 881811103.

Fonte: xornal.usc.es