Oficina CEER
 19-01-2015
O CEER COLABORA NAS BOLSAS DE MOBILIDADE LEONARDO DA VINCI

A CIM Alto Minho concedeu no ámbito do proxecto “Alto Minho In Motion” bolsas de mobilidade para a realización de estancias na Unión Europea. O CEER acolle dende este mes unha persoa de Portugal para a realización destas prácticas.

Esta iniciativa é financiada polo Programa Aprendizaxe ao Longo da Vida 2007-2013 – Leonardo da Vinci, da Comisión Europa, que procura, a través da mobilidade transnacional, a mellora das aptitudes e das competencias individuais dos xóvenes para a sua empregabilidade e a participación no mercado de traballo europeo. Os principais destinatarios destas bolsas son mozos/as diplomados portugueses e persoas presentes no mercado de traballo, sendo requisito obrigatorio que non se atopen matriculados en ningunha instituición de ensino superior, do territorio nacional ou no estranxeiro, e que non teñan participado en ningunha acción de mobilidade financiada polo Programa de Aprendizaxe ao Longo da Vida.

Máis información: http://www.cim-altominho.pt/gca/index.php?id=1014