Oficina CEER
 19-01-2015
A FUNDACIÓN SGAE PREMIA UN TRABALLO DE FIN DE MESTRADO DUN ALUMNO DA UDC

O alumno do mestrado universitario en Xestión e Políticas Públicas, da Facultade de Economía e Empresa, Roberto Barral González vén de obter o Premio ao Mellor Traballo de Investigación 2014 da Fundación SGAE co estudo “Festas populares en Galicia. Novo marco legal. Unha perspectiva multidisciplinar”.

Barral González presentou este documento como Traballo de Fin de Mestrado o curso pasado polo que obtivo a cualificación de sobresaliente. O premio que vén de obter da Fundación SGAE conleva unha dotación económica de 3.000 euros e a publicación do ensaio. Dáse a peculiaridade de que o traballo está escrito en galego, sendo o primeiro deste tipo que se outorga a unha universidade galega.

Máis información: http://www.fundacionsgae.org/story.php?id=1514

Fonte: udc.es