Oficina CEER
 23-01-2015
O CEER ESTÁ Á TÚA DISPOSICIÓN PARA A ELABORACIÓN DE PROPOSTAS DE PROXECTOS

A Fundación CEER, conformada polas 6 Universidades galegas e do Norte de Portugal (A Coruña, Santiago, Vigo, Minho, Porto e Trás-os-Montes e Alto Douro), ten entre as súas funcións a busca de sinerxias entre Universidades e a procura de colaboración entre elas para a articulación de proxectos e a captación de fondos, nacionais e europeos.

Se pertences a un grupo de investigación das 6 Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ou tes unha empresa e queres colaborar con elas, podes contactar con nós para axudarte na procura de socios e na elaboración de candidaturas aos proxectos que estean abertos ou a piques de publicarse.

Podedes comunicarvos con nós no correo: santiagotec@fceer.org