Oficina CEER
 06-05-2015
O PROFESOR RUBÉN LOIS PARTICIPOU EN CRACOVIA NO CONGRESO EUROPEO DOS GOBERNOS LOCAIS

O coordinador do grupo de Análise Territorial da Universidade de Santiago e Director da Fundación CEER, Rubén Lois, participou estes días en Cracovia no Congreso Europeo dos Gobernos Locais co organizado polo Comité Europeo das Rexións. Alí impartiu unha conferencia centrada nas dimensións territoriais da Estratexia Europea 2020, no marco da sesión dedicada aos impactos no desenvolvemento urbano e rexional da Política Europea de Cohesión.

Para o profesor da USC, o encontro supuxo unha “grande oportunidade” para reforzar a cooperación entre os gobernos locais europeos e para coñecer boas prácticas que sirvan de inspiración “cara a conseguir unha administración aberta e transparente, mellorar a cooperación científica e académica e fortalecer os intercambios comerciais locais e internacionais”.

Fonte: xornal.usc.es