Con motivo da celebración esta semana do Día das Letras Galegas, a Universidade de Santiago de Compostela organiza este martes 12 un acto literario no que o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, pronunciará a conferencia "Filgueira Valverde e a USC antes e despois de 1936".
No acto, que preside o reitor Juan Viaño ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o catedrático de Filoloxía Galega da USC Anxo Tarrío Varela presentará ademais o volume "Xosé Filgueira Valverde. Día das Letras Galegas 2015" de cuxa edición é responsable.
Nesta cita coas letras galegas na USC está prevista tamén a participación do director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás Escaneo.
Fonte: xornal.usc.es